

Esquéceche dos beizos resecos e gretados e dálle a benvida a uns beizos nutridos.
O Bálsamo Labial Orgánico de Argaia é un produto imprescindible se desexas uns beizos suaves e hidratados. Elaborado con ingredientes de orixe natural, non contén substancias sintéticas nin fragrancias artificiais. O seu aroma a canela obtéñense engadindo canela en po ao resto de ingredientes naturais. Daranche ganas de comercho (e poderías facelo!)
A unión perfecta das manteigas de Cacao e Karité xunto ao aceite de améndoas doces, hidratan e nutren a sensible pel do beizo á vez que o protexen de agresións externas.
Lévao no peto e úsao sempre que che apeteza.
10ml | Envase de Aluminio | Cruelty Free | Vegano | Sen perfume
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Os beizos son unha das zonas máis delicadas do rostro e carecen da protección do manto hidrolipídico que cobre o resto da nosa pel. Esta característica fai que se resequen e greten con bastante facilidade. Para iso é importante o uso de bálsamos labiales. Pero nin todos son iguais, nin todos son tan beneficiosos como parecen. Sempre, é mellor asegurarse de usar un produto natural sen ingredientes sintéticos nin tóxicos.
O bálsamo Labial Orgánico de Argaia está fabricado con ingredientes 100% naturais. Sen fragrancias artificiais, só aceites e manteigas vexetais e canela en po. Entre os seus beneficios están a hidratación, nutrición profunda e protección fronte a factores ambientais e axentes externos.
Un bálsamo labial perfecto para uns beizos hidratados desde o primeiro uso. Ademais, dura unha chea!
INGREDIENTES: PRUNUS AMIGDALUS DULCIS OIL*, THEOBROMA CACAO SEED BUTTER*, ORYZA SATIVA CERA*, CINNAMOMUM TOCOPHEROL (*AGRICULTURA ECOLÓXICA)
Ficha Técnica