Custo do envío

O custo do envío inclúe o custo de manipulación e empaquetado, así coma o custo do transporte. Os custo de manipulación ten un prezo fixo, mentras que o custo do transporte pode variar en función do peso total do paquete.

O noso consello é que agrupes todos os artigos nun mesmo pedido. Non podemos combinar dous pedidos diferentes, e o custo de envío aplícase para cada pedido de maneira individual.

Envíos á península

A tarifa para pedidos de importe inferior a 35 € é de 3,50 € + IVE. Para pedidos de importe superior, o custe do envío asúmeo Argaia. O prazo de entrega é de 24-48h.

Envíos a Baleares, Ceuta ou Melilla

A tarifa para pedidos de importe inferior a 70 € é de 5,95 € + IVE. Para pedidos de importe superior, o custe do envío asúmeo Argaia. O prazo de entrega é de 48-72h.

Envíos a Canarias

A tarifa para pedidos de importe inferior a 190 € é de 30 € + IVE. Para pedidos de importe superior, o custe do envío asúmeo Argaia. O prazo de entrega é de 48-72h.

Métodos de pago seguros

Todo o contido da nosa tenda online, incluído o sistema de pagos, está protexido con SSL para o acceso por HTTPS, garantizando unha transmisión cifrada e segura da información.

PayPal ou tarxeta de crédito

Pago seguro mediante a túa conta PayPal ou a túa tarxeta de crédito, con doble confirmación a través da túa plataforma de servizos bancarios, para un extra de seguridade e tranquilidade. Este é o método máis áxil, dado que nos permite procesar automáticamente o pago e proceder de inmediato coa preparación do pedido.

Transferencia bancaria

Unha vez finalizado o pedido, enviarémosche por email os datos da conta beneficiaria á que transferirnos o importe do pedido. Dispós dun prazo de 7 días máximo para realizar o pago, unha vez vencido dito periodo o pedido cancelarase. É importante que inclúas a referencia do pedido no concepto da transferencia, esta información xunto a instruccións detalladas recibirala no email de confirmación do pedido.

En efectivo

Só dispoñible para as recollidas na nosa tenda. Non ten sobrecusto e o pago realízalo xusto no momento en que recolles o pedido.