

Crema formulada para as peles máis sensibeis da casa.Moi emoliente, axuda a pel a rexenerarse á vez que a mantén hidratada e protexida. Ideal para a dermatitis do pañal.
Elaborada con Manteiga de Karité, de gran poder nutritivo e emoliente. Cera de arroz, que hidrata en profundidade. Macerado de caléndula, planta con propiedades antiinflamatorias, antibióticas e emolientes. Macerado de macela (camomila), planta antibiótica e antibacteriana. O aceite vexetal empregado é o de Oliva por ser altamente hidratante. Leva tamén aceite de améndoas doces e aceite de albaricoque, ideal para peles moi sensibeis.
Envase de Aluminio 50ml
INGREDIENTES: PRUNUS AMYGDALUS DULCIS OIL*, CALENDULA OFFICINALIS OLEA EUROPEAE FRUIT OIL*, CHAMOMILLA RECUTICA FLOWER OLEA EUROPEAE FRUIT OIL*, PRUNUS ARMENIACA SEED OIL*, BUTYROSPERMUM PARKII BUTTER*, ORYZA SATIVA WAX (* Agricultura Ecolóxica)